A G2 estrea este xoves ‘As mil e unha páxinas’, programa que pretende fomentar a lectura e descubrir as últimas creacións de autores galegos noveis

0
23

Conducida pola escritora Elba Pedrosa, esta aventura polos distintos xéneros literarios deterase na súa primeira entrega (00:10 h) na novela negra

A G2 estrea este xoves 'As mil e unha páxinas', programa que pretende fomentar a lectura e descubrir as últimas creacións de autores galegos noveis

Santiago, 18.10.2023.-    As ‘Noites Temáticas’ da G2 contan a partir deste xoves, dentro da ‘Noite da Cultura’, cunha novidade: a estrea do programa ‘As mil e unha páxinas’, que pretende animar á lectura, pero que tamén promoverá as últimas creacións de autores galegos noveis e dará a coñecer o tecido editorial do país.

‘As mil e unha páxinas’, presentado pola escritora Elba Pedrosa, é unha viaxe máxica a través dos libros e o mundo que os arrodea. Esta aventura polos distintos xéneros literarios axudará a fomentar a lectura, descubrir autores noveis e redescubrir obras e autores da literatura galega e universal. Todo dende unha óptica dinámica, divertida e rigorosa.

No primeiro programa, esta noite abordarase o xénero da novela negra, eses libros con personaxes ambiguos que se moven en mundos sórdidos. O homenaxeado será o escritor Domingo Villar. Os espectadores coñecerán os autores, editores e grandes referentes do xénero en Galicia. Tamén haberá recomendacións de títulos para que o público descubra as novidades e algunha ópera prima da novela negra galega.

Fuente Crtvg.es