A G2 marca o seu récord de audiencia no que levamos de ano co derbi entre o Deportivo e o Celta B, cun 13,9 % de share

0
20

Foi seguido por unha media de 71.000 espectadores e 150.000 persoas contactaron nalgún momento con esta retransmisión deportiva

A segunda canle da Galega rexistrou onte a súa segunda cota de pantalla máis elevada neste 2023: un 2,8 %

A G2 marca o seu récord de audiencia no que levamos de ano co derbi entre o Deportivo e o Celta B, cun 13,9 % de share

Santiago, 27.03.2023.-    A segunda canle da Galega rexistrou onte a súa segunda cota de pantalla máis elevada no que levamos de ano: un 2,8 %. Trátase da mellor marca da G2 neste 2023 despois do 8 de xaneiro, cando acadara un 3 % de share no conxunto do día.

O derbi de 1ª RFEF entre o Deportivo da Coruña e o Celta B, que foi ofrecido en directo este domingo polos medios públicos galegos, foi a emisión máis vista da G2 no que levamos de ano, cunha audiencia media de 71.000 espectadores e un 13,9 % de cota de pantalla. O número de contactos durante este retransmisión deportiva foi de 150.000 espectadores.

En total, 181.000 galegos formaron parte da audiencia da segunda canle da TVG na xornada de onte, o 6,9 % dos galegos de 4 e máis anos.

Fuente Crtvg.es