A grandísima voz da artista murciana Ruth Lorenzo encherá esta noite o escenario de ‘Bamboleo’

0
9

Santiago, 03.10.2020.-     A festa será a protagonista indiscutible deste sábado pola noite no ‘Bamboleo’ (22.05 h), o espazo de entretemento que Xosé Manuel Piñeiro presenta na Televisión de Galicia. E aínda máis cando a orquestra Cinema se vai encargar de encher o estudio de ritmos moi bailables, de caras novas e de novidades.    

‘Bamboleo’ contará esta noite cunha artista murciana de indiscutible poderío vocal: a grandísima Ruth Lorenzo, quen se coroou en España como representante no Festival de Eurovisión e con anterioridade xa triunfara nun importantísimo talent show británico. Ruth presentará no programa temas como ‘Miedo’, un adianto do seu próximo disco ‘Crisálida’, que constitúe un auténtico canto á esperanza.

Subirá tamén ao escenario de ‘Bamboleo’ Ángel Sevilla, compoñente da orquestra La Fórmula, que leva sete anos en Galicia e que compaxina as actuacións na verbena coa súa carreira en solitario como compositor e cantante. Esta noite presentará o seu novo sinxelo, titulado ‘Adictiva’.

As historias de Isi volverán ocupar un relevante espazo dentro do programa, será o espazo da risa máis sa. Ademais, os colaboradores Tamara e Claudio que chegarán coas súas habituais seccións. No ‘Agora ou Nunca’, Nohely Escobar cantará ‘Fue tan poco tu cariño’, de Rocío Dúrcal, e Carlos Eguía interpretará ‘¿Quién me ha robado el mes de abril?’, de Joaquín Sabina.  

Por outro lado, no karaoke de ‘A Jrileira’, Guille representará o Club Deportivo Lalín e Óscar, o Club de Balonmán Xallas de Santa Comba. Tocaralles cantar ‘Como te atreves’, de Morat, acompañados polo karaoke. O club gañador conseguirá un interesante premio.

Por suposto, haberá baile profesional, esta noite coa parella formada por Cristian e Lucía, que ofrecerá unha fantástica exhibición de chachachá e de jive. E para xogar tamén desde a casa, chega a ‘ITV Do Amor’. Esta vez tocaralles a Samuel e á súa parella enganar o participante do público para conseguir o premio que hai en xogo.

Fuente Crtvg.es