A impresionante voz da cantante Diana Navarro encherá esta noite o escenario de ‘Bamboleo’

0
13

Santiago, 11.07.2020.-    ‘Bamboleo’ (22.05 h), o programa de entretemento da TVG dos sábados á noite, recibirá hoxe a visita da cantante e compositora malagueña Diana Navarro, unha das artistas máis valoradas do noso país, que segue a fusionar copla, flamenco e zarzuela con estilos tan dispares como o pop sinfónico ou a electrónica. O seu novo disco, ‘Inesperado’, é a confirmación do seu estilo. Nel, a súa impresionante voz, máis conmovedora ca nunca, traspasa con cada nota e palabra.

O espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro contará ademais coas actuacións da orquestra Charleston Big Band e do dúo Roma, gañador do concurso da CRTVG #EstamosXuntosNisto con ‘Non será para sempre’, un tema apegadizo, alegre e esperanzador, co que lles renden homenaxe a todos os heroes que loitaron en primeira liña contra a Covid-19.

No escenario tamén estarán Cristina Canosa, interpretando ‘Se iluminaba’, de Ana Mena, e Arantxa Pena, co tema ‘Ocean’, de Karol G, competindo ambos os dous na sección ‘Agora ou Nunca’.

Coma sempre, ‘Bamboleo’ ofrecerá tamén as seccións ‘A ITV do amor’, onde un concursante terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; ‘A Jrileira’, onde Quique e Carlos se enfrontarán ao karaoke cantando ‘Sin pijama’, de Becky G e Natti Natasha, e ‘Dirtidansi’, en que a parella formada por Nuno e Nagyla bailará fado e salsa.

Fuente Crtvg.es