‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ recibe a vista da cantante Laura Añón nunha gala en que causa baixa Fátima Lea e só competirán sete concursantes

0
132

Añón substituirá hoxe (21:55 h) a Pili Pampín como membro do xurado e interpretará xunto a Lucía Pérez unha versión moi persoal da canción ‘Nochentera’

'A Liga dos Cantantes Extraordinarios' recibe a vista da cantante Laura Añón nunha gala en que causa baixa Fátima Lea e só competirán sete concursantes

Santiago, 06.07.2023.-    Os espectadores da Televisión de Galicia asistirán hoxe á segunda gala desta temporada de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’, o concurso que busca o mellor intérprete de orquestra de Galicia, ese artista 360 que pode con todo o que lle boten.

Os concursantes seguirán loitando esta semana para conseguir a mellor puntuación do xurado e os ansiados puntos que os poidan levar directamente á final. Xa se tranquilizaron os nervios despois da primeira gala, en que Selu López se alzou como gañador tras competir na final contra Esmeralda, Simón e Miriam. Este xoves só competirán catro participantes, xa que Fátima Lea estará ausente por culpa dunha baixada de tensión moi forte.

O programa, presentado por María Mera, arrancará con Lucía Pérez e Laura Añón, que vén substituír a Pili Pampín como membro do xurado, interpretando unha versión moi persoal da canción ‘Nochentera’. Os espectadores tamén terán o pracer de escoitar de novo a Añón ao final do programa, en que cantará o tema ‘Nordés’, de Xurxo Souto.

Fuente Crtvg.es