À Punt acolle unha xornada sobre Documentación audiovisual de canles de FORTA

0
26

Santiago, 25.11.2022.-    A radiotelevisión valenciana À Punt acolle este venres unha xornada de traballo que reúne 10 responsables de Documentación e Arquivo de canles autonómicas de FORTA e que ten como obxectivo poñer en valor o servizo de Arquivo nos medios medios audiovisuais.

Nesta reunión de traballo participan as arquiveras Mª Jesús López (Corporación de Radio e Televisión de Galicia), Montse Catalá (Corporació Catalana de Mitjans de Comunicació), Isabel Arrue (iB3), Mª Ángeles Martín (Radio Televisión de Andalucía), Blasa Naranjo (Telemadrid), Pilar Laín (Corporació Aragonesa de Ràdio i Televisió), Encina Murga (Radiotelevisión de Castilla La Mancha), Inma Alcázar e Purificación García (Radiotelevisión de la Región de Murcia), e Mª del Carmen García (Ente Público Radiotelevisión Canaria).

Ao preguntarlles por esta maioría de mulleres como xefas de Documentación, explican que se debe á formación, xa que hai anos as mulleres estudaban máis carreiras de letras e os homes de ciencias, aínda que advirten que a tendencia está cambiando.

As participantes na xornada coñeceron in situ o sistema de Documentación de À Punt Mèdia e debateron sobre como mellorar este servizo, esencial nun medio de comunicación, as tendencias de futuro ou as estratexias para mellorar o servizo. O encontro puxo o foco tamén nas consecuencias do uso dun arquivo aberto en televisión, destacando a necesidade de dixitalizar os fondos documentais, entre outras cosas, para a súa comercialización.

Fuente Crtvg.es