A Radio Galega retransmite este luns o final da Liga de Fútbol na segunda división

0
12

Santiago, 20.07.2020.- O Club Deportivo Lugo e o Deportivo da Coruña xogan esta noite do luns a derradeira xornada de Liga na Segunda División. O equipo da cidade da muralla depende de si para permanecer na categoría, mentres o Deportivo debe gañar e agardar outros resultados.

A partir das 20:30 horas, a Radio Galega retransmite os partidos Lugo-Mirandés e Deportivo-Fuenlabrada. Toni López García dirixe o ‘Galicia en Goles’, con Andrés Vieites e Javi Torres nos estadios do Anxo Carro e de Riazor dispostos a cantar os goles dos nosos equipos. O programa estará moi pendente dos estadios onde compiten outros equipos implicados na pelexa pola permanencia: Cádiz-Albacete e Numancia-Tenerife.

O Lugo recibe un rival que xa non ten opcións de entrar na fase de ascenso, pero que, así e todo, o pasado venres derrotou o Deportivo en Anduva. No caso do equipo coruñés, o Fuenlabrada defende a sexta praza, que dá dereito a xogar a promoción. 

A noite preséntase emocionante e pode suceder de todo, desde que permanezan os dous equipos galegos ata que os dous perdan a categoría.

A emisión do ‘Galicia en Goles’ chegará á audiencia da Radio Galega a través da FM, TDT, radiogalega.gal, aplicacións como Radioplayer España e os altofalantes Alexa.

Fuente Crtvg.es