A Romaría dos Milagres de Requián e a Festa da Anguía de Valga, protagonistas este domingo en ‘Aquí Hai Verán’

0
10

Santiago, 06.09.2020.-  Un domingo máis chega á TVG unha nova entrega do programa ‘Aquí Hai Verán’ (22.00 h), que vén cargado da ledicia e o divertimento que deixa na nosa terra este verán tan atípico.

O espazo presentado por Tania Veiras e Silvana Moril estará na Romaría dos Milagres de Requián, na Estrada, unha cita en que non faltaron a misa solemne, a sesión vermú, o polbo e o churrasco e as actuacións musicais. Os asistentes á festa amosarán que ten de especial esta virxe.

Os espectadores tamén saberán o que aconteceu na XXX Festa da Anguía e Mostra da Caña do País en Valga. Ademais da tradicional degustación de tapas de anguía nos locais hostaleiros da zona, tamén houbo acendido das potas para a demostración do destilado da caña, sesión de baile e coreografías, maxia, concertos e moitas outras actividades que encheron de ledicia o día grande destas festas no concello pontevedrés.

Este ano, o Festival de Cans, un certame diferente, divertido e que forma parte da cultura galega, trasládase ao mes de setembro. Esta cita deixará charlas, proxeccións concertos e moitas outras actividades das que dará conta hoxe ‘Aquí Hai Verán’. Ademais, o programa amosará como é un ambiente dunha noite de verán en Vigo.

Fuente Crtvg.es