‘A Sariña busca pretendentes’ dálles esta noite a benvida a dúas novas parellas de concursantes

0
51

Santiago, 30.3.2022.- O programa ‘A Sariña busca pretendentes’ (23.05 h)dálles esta semana a benvida a dúas novas parellas de concursantes. Desde Curtis chegan Carmen e Pepa, un matrimonio que precisa dunha casa máis grande para vivir cos seus tres fillos. O espazo presentado por Lucía Regueiro recibirá tamén a Bibi e a Javi, ‘os guapos’, un par de amigos -’sen máis relación’- que van tratar de facerlles fronte aos veteranos da rolda anterior.

Nas novas misións de reforma, Rosa e Iván, ‘os do Bolo’, terán que restaurar a vella estrutura do forno da eira, mentres que ás outras dúas parellas tocaralles obrar nos dormitorios do andar superior.

E, como non podía ser doutro xeito, os veciños tamén van argallar peculiares citas para seguir coñecendo os pretendentes que veñen roldar a Sariña. Neste caso, os  veteranos van ter que defender a súa candidatura no lavadoiro do lugar, afrontando manchas, agua fría e preguntas da veciñanza sen perder o seu sorriso. E algo parecido deberán facer os outros equipos mentres botan uns bailes ou coidan das galiñas dun amable veciño. Coma sempre, en Erbecedo pode pasar de todo.  

O resultado deste periplo verase na gala final do programa, en que se vai facer entrega das dúas chaves que hai en xogo. A emoción está servida e canda ela vai haber risos, choros e algunha que outra rifa. Pero tampouco dixo ninguén que gañar unha casa no Verxel de Bergantiños fose pan comido.

‘Sempre nos quedará a Sariña’
 
A continuación, no cuarto programa de ‘Sempre nos quedará A Sariña’, cinco veciños da vila de Coristanco verán xuntos a edición de ‘A Sariña busca pretendentes’ e debaterán arredor do sucedido nesta entrega.

Fuente Crtvg.es