A sesión constitutiva do Parlamento de Galicia, este venres na TVG e a Radio Galega

0
12

Os programas ‘A revista’ e ‘Galicia por diante’ conectarán co hemiciclo galego entre as 11.00 e as 12.30 horas

A sesión constitutiva do Parlamento de Galicia, este venres na TVG e a Radio Galega

Santiago, 06.08.2020.- Este venres, 7 de agosto, celébrase a sesión constitutiva da XI Lexislatura do Parlamento galego, ás 11.00 horas. A TVG conectará co hemiciclo dentro do espazo matinal ‘A revista’ para emitir a constitución da Mesa da Idade e a constitución da Mesa do Parlamento. E desde alí, na rúa do Hórreo de Compostela, o xornalista especializado en información parlamentaria Xesús Fontenla explicará todo o que aconteza durante o acto.

A Radio Galega ofrecerá tamén unha programación especial este venres. A xornalista Cristina García presentará unha edición especial do ‘Galicia por diante’ entre as 11:00 e as 12:30 horas da mañá, que contará coa narración da cronista parlamentaria da emisora pública, Carme Lourido. Na mesa de análise participarán os exdeputados Ángel Mesa Torreiro (PPdeG), Ana Luisa Bouza (BNG) e Marisol Soneira (PSdeG), así como o catedrático de Dereito Constitucional Roberto Blanco Valdés. Con eles, a Radio Galega informará e interpretará as claves dunha nova xornada histórica co inicio da XI Lexistatura da cámara galega.

Fuente Crtvg.es