A sétima proba do Campionato do Mundo de Motocrós, este mércores, en directo, na G2

0
6

Santiago, 08.09.2020.- A G2 ofrece este mércores, en directo, a sétima proba de MXGP, correspondente ao Campionato do Mundo de Motocrós. Os afeccionados ao deporte de motor serán testemuñas do espectáculo internacional que se celebrará en Faenza (Italia). 

Para esta nova cita, o MXGP Citta Di Faenza reunirá, ás 13.00 horas e a partir das 16.00 h, os mellores pilotos do mundo no Circuíto de Faenza, situado ao norte de Italia. O lucense Jorge Prado, campión do Mundo de MX2 en 2018 e 2019, acadou a quinta posición na proba desta fin de semana no Circuíto de Motocrós Montecoralli, e actualmente ocupa a oitava praza na clasificación xeral de MXGP, con 153 puntos. En primeira posición continúa o piloto holandés Jeffrey Herlings, con 263 puntos. 

A Galega é a única televisión no ámbito estatal que está ofrecendo, en aberto e de xeito íntegro, toda a espectacularidade deste mundial. Con esta emisión, os medios públicos galegos apostan, unha vez máis, por distinguir unha práctica minoritaria, co fin de dar visibilidade a un destacado deportista galego.

Fuente Crtvg.es