A Televisión de Galicia ofrece este luns en directo a cerimonia de entrega das Medallas Castelao

0
8

Santiago, 27.06.2021.-     A Televisión de Galicia ofrece hoxe en directo, desde o parque de Bonaval, o acto de entrega das Medallas Castelao 2021, condecoración de carácter civil coa que a Xunta de Galicia distingue cada 28 de xuño, coincidindo co retorno a Galicia dos restos de Castelao, a obra e o labor de entrega dunha vida, en calquera faceta da actividade humana, de galegos e galegas merecedores do recoñecemento do resto da sociedade.

Un dos galardonados nesta edición das Medallas Castelao será Santiago Pemán, o histórico home do tempo’da TVG. Foi inspector de voo e piloto de aviación civil, pero desde a súa entrada en 1986 na canle pública galega asentouse como un referente da información meteorolóxica e marcou un estilo propio.

Tamén recibirán a distinción o expresidente da Fundación Otero Pedrayo, Xoán Luís Saco; a xornalista radiofónica Esther Eirós; o docente Manuel Vila, fundador da Asociación de Promoción e Integración Xitana de Lugo, e, a nivel colectivo, o Centro Superior de Hostalería de Galicia, como homenaxe ao sector polo seu comportamento durante a pandemia.

O acto de entrega, que se retransmitirá a partir das 10.55 h, será conducido polo xornalista da TVG Xesús Fontenla.

Fuente Crtvg.es