A Televisión de Galicia, quinto mes consecutivo por riba do 10% de cota

0
10

Santiago, 01.03.2021.-    A TVG segue, un mes máis, como líder da información. Os informativos da Galega foron en febreiro os máis vistos ao contar cunha audiencia media de 84.000 telespectadores, foron os que acadaron unha cota media superior en Galicia, dun 15,7%, e os que chegaron a un  maior numero de persoas por informativo (cada un chegou de media a 133.000 espectadores). En febreiro, a TVG acadou unha cota do 10,4% no prime time e do 10,1% no conxunto do día, quedando por quinto mes consecutivo por riba dos dous díxitos.

Os tres programas máis vistos no mes en Galicia foron informativos da TVG, destacando especialmente a faixa informativa do mediodía (‘Galicia Noticias’ e ‘Telexornal Mediodía’), en que de luns a venres a media foi do 22,9%, superando o seguinte competidor en 7 puntos de cota (Antena 3, cun 15,9%). O ‘Telexornal Serán’ tamén acadou uns moi bos resultados, cunha media no mes do 14,2%.

Nas redes sociais, o proxecto educativo sobre a lingua #DígochoEu da CRTVG, que se alzou en febreiro co premio Paraugas de Comunicación e Marketing de Galicia, na categoría de Mellor Execución de Idea, segue a crecer e ten xa 87.400 seguidores. Con 1,2 millóns de ‘gústame’ nos vídeos e 11,5 millóns de visualizacións do cancelo #DígochoEu, o espazo xa é o contido en galego con máis repercusión na rede TikTok.

Fuente Crtvg.es