A TVG arranca a semana cos espazos de entretemento, deportes e informativos máis vistos en Galicia

0
67

Santiago, 29.08.2023.- A TVG emitiu na xornada do luns os programas de entretemento, deportes e informativos máis vistos en Galicia. Así, o concurso ‘Atrápame se podes’, o ‘Telexornal deportes mediodía’ e o ‘Telexornal mediodía’ situáronse nas primeiras posicións entre os dez espazos máis seguidos das súas categorías. 

O concurso ‘Atrápame se podes’ foi o programa de maior audiencia de Galicia, cunha media de 126.000 espectadores e cunha cota de pantalla do 15,6 % e 194.000 contactos, é dicir, espectadores que sintonizaron o programa que conduce Paco Lodeiro nalgún momento. O ‘Telexornal deportes mediodía’, cunha cifra similar de share, do 15,4 %, tivo 137.000 contactos, situándose como o terceiro programa máis visto da xornada. Pola súa banda, o ‘Telexornal mediodía’ repetiu como informativo máis visto a nivel autonómico, cunha cota do 17,2 %. Vírono unha media de 102.000 espectadores, con 184.000 contactos. 

A Televisión de Galicia chegou a un 12 % de cota de pantalla no conxunto do día, liderando a clasificación de canles autonómicas máis vistas xunto con TV3 e máis de dous puntos por riba da outra canle pública que emite en Galicia, TVE (9,6%).

Fuente Crtvg.es