A TVG emite na noite de Nadal un episodio especial de ‘Saudade de ti’, en que os espectadores viaxarán a unha realidade alternativa, con Elba como protagonista

0
42

En ‘Que bonito é vivir en Abrente’, o accidente en que morreron Olga e Uxía, co que comezou a primeira temporada da serie, nunca sucedeu

A TVG emite na noite de Nadal un episodio especial de 'Saudade de ti', en que os espectadores viaxarán a unha realidade alternativa, con Elba como protagonista

Santiago, 25.12.2023.-   A TVG celebra a noite de Nadal cun episodio especial da serie do ano, ‘Saudade de ti’. En ‘Que bonito é vivir en Abrente’, os espectadores atoparanse con Elba intres antes de entrar ao quirófano para someterse ao transplante de ril que estaba agardando e que lle vai doar o seu tío Gaspar.

Antes da operación, pide un desexo: “Oxalá non pasase nada disto». Cando esperta, faino nunha realidade alternativa, que lle permite ver como sería a vida en Abrente se o tráxico accidente en que morreron Olga e mais a súa irmá Uxía nunca sucedese.

Perdida e desesperada nese mundo alternativo, Elba emprende a misión de restaurar a vida que coñecía. Para iso, tense que enfrontar á resistencia dos seus familiares e descubrir segredos ocultos e desexos inconfesables dos protagonistas de ‘Saudade de ti’. Con todo, hai unha verdade que Elba dubidará se revelar ou non: os seus sentimentos por Lucho. Pero, a medida que o tempo se vaia esgotando, a protagonista deste episodio especial necesitará saír desfacer o feitizo, para volver ao mundo que coñece.

Fuente Crtvg.es