A TVG festexa a Noiteboa coa tropa do ‘Land Rober Tunai Show’ e Antonio Durán ‘Morris’

0
77

Como é tradición, non faltará a visita de Felipe II, o público participará no reto xeracional por excelencia, ‘Xubilados VS Millennials’, e o toque musical virá da man de Los Jinetes del Trópico (21.55 h)

A TVG festexa a Noiteboa coa tropa do 'Land Rober Tunai Show' e Antonio Durán 'Morris'

Santiago, 24.12.2021.-    A tropa do ‘Land Rober Tunai Show’ convida os espectadores da Televisión de Galicia a vivir unha Noiteboa diferente, con moito humor e risas e coa visita de Antonio Durán ‘Morris’, que se converterá en superheroe e tamén será o protagonista dunha nova entrega de ‘Mira quen chama celebrity’. Que famosos estarán ao outro lado do teléfono?

Como é tradición, non faltará a visita de Felipe II. Que lle picará agora a este homiño? Aínda que para problemas os de Josiño, o fillo dos Mariscadores, que tamén ten leria nesta festa.

Nunha noite tan emblemática non pode faltar un discurso, o de Miguel Novás, que chega desde Tui para dar o sermón de Noiteboa. E o público do programa tamén  participará neste especial porque volve o reto xeracional por excelencia: ‘Xubilados VS Millennials’. O toque musical virá da man de Los Jinetes del Trópico.

Fuente Crtvg.es