A TVG ofrece co programa ‘Pídechas o corpo’ un especial sobre a Festa da Lamprea, que se ía celebrar en Arbo

0
2

Santiago, 21.04.2020.- A vindeira fin de semana, o concello pontevedrés de Arbo tiña que celebrar unha nova edición da Festa da Lamprea. Alí íase vivir por todo o alto, nada máis e nada menos, que a edición número 60 da festa, o que a converte nunha das citas gastronómicas máis antigas de Galicia.

Declarada de Interese Turístico Nacional, é a celebración dunha tradición culinaria fascinante. E aínda que as circunstancias provocaron que esta festa non se vaia poder celebrar, a Televisión de Galicia quere que os seus espectadores gocen dela coma se estivesen alí, así que esta noite ofrece un programa sobre a celebración desta festa e as diversas maneiras de preparar e degustar a lamprea.

Este programa especial chámase ‘Pídechas o Corpo’ (23.25 h) porque, a estas alturas, a todos nos pide o corpo que volvan as festas, as celebracións e as xuntanzas. E, para presentar a festa, non haberá pregón pero case. A TVG localizou a que ía ser a pregoeira desta edición, a xornalista Raquel Sánchez, que falará do seu vencello co concello de Arbo e coa propia Festa da Lamprea.

Seguintes edicións de ‘Pidechas o Corpo’

As próximas semanas, ‘Pídechas o Corpo’ continuará achegándose aos festexos galegos máis destacados, coma Os Maios de Ourense, as Festas do Choco de Redondela e do Percebe do Roncudo, o San Benitiño de Lérez e o San Xoán ou a celebración do Carme e o Arde Lucus, entre outras moitas.

Fuente Crtvg.es