A voda polo rito celta de Mónica e Toni, con chiscadela a ‘Xogo de Tronos’, esta noite en ‘Casamos!’

0
25

Con 12 anos de relación, superaron os prexuízos sociais pola diferenza de idade

A voda polo rito celta de Mónica e Toni, con chiscadela a 'Xogo de Tronos', esta noite en 'Casamos!'

Santiago, 17.01.2023.-    A historia de Mónica e Toni, os protagonistas desta semana do programa ‘Casamos!’ (23.10 h), comezou hai 12 anos a través dunha rede social. Axiña deixaron atrás as pantallas para coñecerse en persoa, e a cousa foi tan ben que decidiron converterse en amantes.

Logo de tres anos, optaron por formalizar a súa relación e en ir vivir xuntos. A parella foi capaz de superar todas as dificultades e os prexuízos da sociedade, pois Mónica é dez anos maior que Toni.

Agora casan polo rito celta, rodeados da súa familia e dos seus amigos nunha voda íntima e con referencias á serie ‘Xogo de Tronos’, da que esta noite serán testemuñas os espectadores da TVG.   

Fuente Crtvg.es