A web da CRTVG emite este martes o Barça Lassa – Deportivo Liceo da OK Liga

0
3

Santiago, 10.02.2020.–    Este martes, a web da CRTVG emite o encontro en que o Barça Lassa recibe no Palau Blaugrana o Deportivo Liceo, partido que se tiña que disputar o pasado domingo 22 de decembro.

O encontro, que correspondía á última xornada do ano 2019, foi suspendido pola situación de alerta meteorolóxica que se estaba a vivir polo paso da cicloxénese explosiva Fabien. O Deportivo Liceo non se puido desprazar a Barcelona por mor do temporal que azoutaba Galicia, a pesar de ter esperado 6 horas en Alvedro e de desprazarse á Lavacolla por se podían voar desde Santiago de Compostela. 

Era un encontro clave para a OK Liga, pois nese momento ambos conxuntos ocupaban os dous primeiros postos da táboa de clasificación empatados a 36 puntos, once por riba do que era o terceiro clasificado, o Igualada. Desta volta, a situación é similar, polo que será un partido decisivo. O Barça Lassa é o primeiro clasificado da táboa, con 54 puntos, mentres que o conxunto herculino é o segundo, con 51. O Noia e o Igualada ocupan a terceira e cuarta posición, respectivamente, empatados a 37 puntos.

O Barça Lassa – Deportivo Liceo poderase ver este martes en crtvg.gal, ás 20:30 h, nun encontro que promete ser emocionante para os seus afeccionados, xa que o conxunto galego intentará evitar que o Barça escape da clasificación, mentres que o equipo catalán agarda manter o liderado. Ambos conseguiron gañar o seu último partido disputado, o Liceo 3-4 ao CP Vic e o Barça 2-4 ante o Noia

Fuente Crtvg.es