Al Bano, Susana Seivane e a banda de rock Trabalhadores do Comércio sobren esta noite ao escenario de ‘Luar’

0
18

Santiago, 29.12.2023.-  Este venres o ‘Luar’ subirá ao escenario a Al Bano, un dos cantantes italianos con máis sona en España. Grazas ao dúo coa súa exmuller Romina fíxose moi popular nos anos 70 e 80 do século pasado. Os seus temas ‘Felicitá’ e ‘Ci serà’ fixeron as delicias dos máis románticos nas pistas de baile. Tras máis de catro décadas de carreira musical, continúa dedicado á música en solitario e achégase á TVG para deleitar, unha vez máis, a espectadores e público cos seus grandes éxitos.

O programa contará tamén esta noite cunha das gaiteiras galegas máis internacionais, Susana Seivane, que acaba de lanzar o seu disco ‘Sete’, do que o primeiro sinxelo lanzado foi ‘Non é non’. Con este traballo, emprega o seu instrumento para dar voz as mulleres vítimas da violencia machista. 

Ademais, amenizarán o musical o Grupo Tattoo, a charanga de Sadeo e a banda de rock portuguesa Trabalhadores do Comércio, que teñen disco recente, ‘Objecto’, cuxos temas interpretarán para o público galego.  

O folclore galego estará representado hoxe no programa que presentan Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez por Antaruxas e Sorteiros e as Pandeireteiras de Sadeo. E, no concurso ‘Recantos’ competirán este venres Domingo Hernández, por Vigo, e Míriam Cea, pola Mariña. 

Fuente Crtvg.es