Amistades Peligrosas, La Década Prodigiosa ou os grupos galegos A banda da Loba e Los Jinetes del Trópico, no derradeiro ‘Luar’ da temporada

0
27

Santiago.-04.08.2023 O programa ‘Luar’ despídese este venres ata setembro, pechando unha temporada máis no prime time da Televisión de Galicia.

Xosé Ramón Gayoso e Trisha Fernández din adeus cun programa que contará coa presenza no escenario do grupo La Década Prodigiosa, que repasará os seus éxitos no escenario, e co dúo Amistades Peligrosas, composto por Cristina del Valle e Alberto Comesaña.

Visita tamén o estudio de ‘Luar’ a cantante Yolanda Gallardo, moito máis coñecida polo seu nome artístico de La Pelopony.

Ademais, o espazo da noite do venres da TVG contará coas actuacións dos grupos galegos A banda da Loba, quinteto feminino compostelán composto por Andrea, Estela, Inés, Marcela e Xiana, e o  trío musical Los jinetes del Trópico. A orquestra New York tamén subirá ao escenario de ‘Luar’ neste final de temporada.

Por outra parte, finalizado a semana pasada o concurso ‘Recantos’ desta temporada, este venres presentaranse os novos concursantes para a vindeira edición, xa á volta do verán.

Fuente Crtvg.es