Amplo despregamento da Radio Galega no final da Liga de Primeira División

0
11

Santiago, 18.07.2020.- A derrota do xoves ante o Levante, unido á vitoria do Leganés en San Mamés, obriga ao equipo de Óscar García Yunyent a gañar na súa visita a Cornellá para non depender do resultado que se produza á mesma hora en Butarque. 

O domingo, desde as 14:15 horas, o ‘Galicia en Goles’ estará centrado no Espanyol-Celta. Xoán Galán dirixe a retransmisión do partido, con Roberto Carlos Carballo na narración e os comentarios dos especialistas Víctor López e Moncho Carnero. Ademais, o programa contará cun reporteiro seguindo o encontro cos seareiros celestes a través da televisión, mentres Rodrigo Pérez informará do que estea pasando no Leganés-Real Madrid, marcador do que dependerá o Celta sempre e cando non sume os tres puntos este domingo.

O ‘Galicia en Goles’ tamén estará pendente esta fin de semana das fases de ascenso no fútbol e no fútbol sala. O sábado, desde as 14:15 h, a atención pasará polo Compostela-Barco de semifinais por unha praza na Segunda B, xunto ao Albense-Leis Pontevedra, Lugo-A Estrada e Valdetires Ferrol-O Fisgón de eliminatorias de ascenso á Segunda, Segunda B e Primeira feminina de fútbol sala. O domingo xogarase a outra semifinal de fútbol entre o Ourense CF e o Arousa e completarase a axenda de fútbol sala co Stealle-Parrulo B en Padrón.

A emoción do deporte continuará o luns ás 20:30 horas, coa retransmisión da última xornada na Segunda División A: Deportivo-Fuenlabrada e Lugo-Mirandés.

Todas as emisións de ‘Galicia en Goles’ chegan á audiencia a través da FM, TDT, radiogalega.gal, aplicacións como Radioplayer España e os altofalantes Alexa. 

Fuente Crtvg.es