Ana e Luís selan esta noite en ‘Casamos!’ a súa historia de amor cunha voda con ingredientes do máis galegos

0
23

Despois de 6 anos de relación, a parella compartirá cos espectadores unha gran festa nunha carballeira, con polbo e churrasco de menú e moita diversión

Ana e Luís selan esta noite en 'Casamos!' a súa historia de amor cunha voda con ingredientes do máis galegos

Santiago, 03.08.2021.-  A Galega achega este martes unha nova entrega de ‘Casamos!’ (22.30 h), con Ana e Luís como parella protagonista. Os noivos desta noite eran veciños de concellos limítrofes e coñecíanse de vista, pero nunca tiveran oportunidade de establecer unha conversa. Foi un encontro casual nun supermercado falando de fútbol o que fixo que os dous comezasen a falar.

Unha festa fixo o resto e despois de 6 anos de relación Ana e Luís selarán o seu amor cunha voda galega a máis non poder: cerimonia nunha carballeira, polbo e churrasco de menú baixo unha carpa e moita troula e diversión. Unha gran festa coa súa xente da que os noivos tamén quere facer partícipes a toda a audiencia de ‘Casamos!’.

Fuente Crtvg.es