Andrea e Tino celebran unha voda tradicional e moi emotiva, hoxe en ‘Casamos!’

0
69

A partir das 23:05 h., os espectadores descubrirán unha relación que comezou cando a parella se coñeceu en clase de baile 

Andrea e Tino celebran unha voda tradicional e moi emotiva, hoxe en 'Casamos!'

Santiago, 10.01.2023.-    Andrea e Tino, os protagonistas desta semana do programa ‘Casamos!’, levan xuntos catro anos. Coñecéronse cando coincidiron na mesma clase de baile e unha amiga en común os presentou. Non tardaron en comezar a saír e a súa relación avanzou a a pasos axigantados. Ao pouco tempo xa estaban vivindo xuntos.

Agora deciden dar o paso de casar, nunha voda tradicional pola igrexa, pero chea de momentos divertidos e moitas sorpresas, das que esta noite serán testemuñas os espectadores da Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es