Ante cociñeiros moi especiais como convidados, o equipo de ‘Larpeiros Social Club’ prepara un menú ben festivo

0
2

Santiago, 05.05.2020.- No ‘Larpeiros Social Club’ (22.30 h) sopran aires de moita festa. Benigno agarda convidados importantes e quere atendelos como se merecen. Cociñará crema de cenoria e codillo ao forno con patacas, lembrando unha receita que aprendeu en Alemaña. Ademais, Celia Cabrera achegará sapiencia e oficio facendo unha sobremesa das que gustan a todo o mundo: strudel de mazá.

No club estarán todo tipo de cociñeiros asociados: Están os profesionais, que pechan o seu restaurante para pasar o día con equipo do programa, e tamén os de honra, que non teñen negocio pero tampouco o botan de menos, porque cociñan para máis de cen ou douscentos comensais case sen inmutarse. Tamén haberá afeccionados, e outros que só se animan ás veces, e veñen comer e enredar un pouco. Por suposto non se pode esquecer os diplomados, aqueles que teñen tres ou catro receitas que sempre quedan ben e gustan a todo o mundo. E todos eles teñen en común o máis importante: son grandes Larpeiros, algo que é patrimonio inmaterial dos galegos de verdade, que gustan da perola grande e as comidas compartidas. Por iso, hoxe vai ser un día especial: Estará no club unha representación destes tres tipos de cociñeiros… . E iso non se dá todos os días. Lucía Pérez, Alfredo de A Roda e Manoele de Felisa, serán os nosos convidados.

E, pola súa banda, Adrián viaxará ata Baltar, en Ourense, para comprobar como se crían uns porcos alimentados con castañas e que pacen con música. Suso e María son os encargados do seu coidado e de amosarlle ao larpeiro todos os segredos deste oficio.

Fuente Crtvg.es