Ares e Boiro acollen as seguintes xornadas da Eusko Label Liga, que serán retransmitidas pola G2

0
8

Santiago, 28.07.2020.- Esta fin de semana, as augas galegas serán as anfitrioas das xornadas 15 e 16 da Liga ACT de traiñeiras, que ademais serán retransmitidas polos medios públicos galegos a través da canle G2. O sábado, a competición será en Ares, mentres que o domingo terá lugar en Boiro. 

A cita da xornada do sábado será, en directo, a partir das 18:00 horas. A G2 porá toda a atención na competición da Eusko Label Liga, que disputará a XIII Bandeira Concello de Ares. O domingo, a partir das 12:00 horas, as embarcacións competirán no municipio de Boiro, onde se celebrará a décimo sexta regata da liga, a XXX Bandeira Concello de Boiro.

Ata o momento, a clasificación está encabezada por Santurtzi, con 131 puntos, seguida de Hondarribia, cun punto menos, e Orio (122). Os clubs galegos, Cabo e Ares, ocupan a sétima e décimo primeira posición, respectivamente. 

Fuente Crtvg.es