As cámaras de ‘Veciñ@s’ achéganse ao barrio vigués de Teis e mais ao de San Lázaro, en Compostela

0
12

Visitarán unha carballeira milenaria e amosarán o ingrediente segredo das uñas de porco ás que os santiagueses ofrecen unha festa gastronómica

As cámaras de 'Veciñ@s' achéganse ao barrio vigués de Teis e mais ao de San Lázaro, en Compostela

Santiago, 26.02.2023.-    O programa ‘Veciñ@s’ (22.45 h) percorre outro domingo máis os barrios de Galicia. Nesta entrega, o programa visita os barrios de Teis, en Vigo, e de San Lázaro, en Santiago de Compostela. O programa, que con humor e sensibilidade recolle aspectos variados da convivencia no ámbito de singulares comunidades de veciños compartirá hoxe momentos na cidade olívica cos locais, mentres desenvolven as súas tarefas cotiás. Por exemplo, pasear por unha carballeira milenaria, sorprender unha amiga no traballo ou cantar a pulmón aberto nun bar.

En Compostela, ‘Veciñ@s’ descubriralles aos espectadores o ingrediente secreto das famosas uñas de San Lázaro, que contan coa súa propia festa popular para homenaxear este manxar da matanza.

Fuente Crtvg.es