As cantantes Pili Pampín e Sabela e a presentadora Trisha Fernández aspiran a gañar o ‘Tupper Club’ desta semana

0
23

O chef e presentador Álex Iglesias retaraas a preparar pratos onde o azar será o ingrediente principal 

As cantantes Pili Pampín e Sabela e a presentadora Trisha Fernández aspiran a gañar o 'Tupper Club' desta semana

Santiago, 31.5.2022.- No programa desta semana de ‘Tupper Club’ (23:05 h), o exclusivo club gastronómico da Televisión de Galicia,  competirán para levar o ouro dúas cantantes, Pili Pampín e Sabela, e a actriz e presentadora Trisha Fernández

O chef e presentador Álex Iglesias retaraas a preparar pratos onde o azar será o ingrediente principal. Será quen Álex de reconducir os problemas aos que se enfronten as participantes? Nas catas, os espectadores descubrirán que non todo é o que parece cando se levanta a tapa dunha friameira e que hai linguas e opinións para todos os gustos e desgustos. E que pasará cando se atopen no Club? Cando se teñan que dicir á cara o que opinaron cando probaron as receitas, van saltar chispas.

Fuente Crtvg.es