Ataque de ira de Damián en ‘Método Criminal’, despois de que Luís lle conte a verdade da súa relación con Sara

0
15

Non é o único problema para o actor, xa que a súa filla é secuestrada e para recuperala con vida esíxenlle que entregue o líder do clan dos Canosa (22.40 h)

Ataque de ira de Damián en 'Método Criminal', despois de que Luís lle conte a verdade da súa relación con Sara

Santiago, 04.04.2021.-    Despois do que pasou coa morte de Rosario e a implicación de Tuco, no episodio deste domingo de ‘Método Criminal’ Luís decide contarlle a Damián a verdade sobre Sara, a súa relación con ela e as súas motivacións para ensinarlle a ser como Carmelo Matalobos. Pero Damián, defraudado pola traizón de Luís, sofre un ataque de ira.

Ao mesmo tempo e despois de que Ricardo lle contase que Luís colabora con Damián, Tuco entra na casa do actor para vingarse, pero, para a súa sorpresa, a quen atopa é a Gaila, polo que non lle queda outra que cambiar de plans.

É nese momento cando Luís recibe un vídeo: Gaila está secuestrada e se quere recuperala con vida ten que entregar a Damián. Sen dubidar un segundo, Luís intenta buscar axuda en Sara e en Damián para salvar a súa filla.

Fuente Crtvg.es