‘Bamboleo’ conta esta noite coas actuacións do artista catalán Nil Moliner e a cantante galega Aída Blanco

0
25

Santiago, 20 de maio de 2023.-   Bamboleo’ recibe este sábado a visita do artista catalán Nil Moliner e a cantante galega Aida Blanco. Nil Moliner presenta o seu novo sinxelo, titulado ‘Dos primaveras’, que forma parte do seu último proxecto. Outros éxitos do artista, cheos de vitalidade e boas vibracións, soarán tamén esta noite en ‘Bamboleo’.

Pola súa parte, a artista ourensá Aida Blanco acaba de lanzar o seu novo tema, ‘No me diste na’, unha canción moi urbana en que fala do desamor desde o punto de vista do empoderamento feminino. Este sinxelo formará parte de ‘Feelings’, o seu próximo traballo.

A música máis festiva chegará desde Asturias ao estudio do ‘Bamboleo’ coas actuacións do Grupo Waykas. No apartado de baile, a parella valenciana formada por Max e Lucía amosarán dúas exhibicións coas que están arrasando no mundo do baile latino e standard, situándose no Top 10 nacional.

O xogo para comisións de festas e clubs deportivos de ‘A Jrileira’ contará coas comisións de Goberno, en Castro de Rei, e Aguiño, en Ribeira, e os clubs de fútbol sala Cidade das Burgas, de Ourense, e Sociedade Deportiva Club San Roque, de Lugo. Despois de adiviñar cancións e de superar unha serie de preguntas, os equipos que teñan máis puntos mediranse na proba final.

Fuente Crtvg.es