‘Bamboleo’ especial de Nadal con Lucía Pérez, Roi Casal, Davide Salvado e a orquestra Panorama

0
20

Santiago, 25.12.2021.-   Actuacións musicais, bailes en directo, os xogos máis divertidos e moito humor farán do programa especial de ‘Bamboleo’ que a TVG ofrece esta noite un auténtico agasallo de Nadal para os telespectadores.

Unha coidada selección musical e un montón de sorpresas darán como resultado un espectáculo inesquecible. Xosé Manuel Piñeiro exercerá de mestre de cerimonias e conducirá un programa que contará coa visita de tres convidados referentes no panorama musical galego como son Lucía Pérez, Roi Casal e Davide Salvado.

Os tres artistas ofrecerán varias actuacións e tamén amosarán outras facetas ademais da musical. Xogarán cos colaboradores do programa, Tamara Pérez, Claudio Pan, Javier Varela e Isi, compartirán experiencias e, en definitiva, converterán a noite de Nadal da Televisión de Galicia nun gran divertimento. Outro momentazo da noite será a actuación de Tamara Pérez acompañada do mestre Javier Varela ao piano.

O baile estará presente no ‘Bamboleo’ deste 25 de decembro coas actuacións de dúas parellas de bailaríns profesionais: Nuno e Nagyla e Adrián e Noe. Chegan preparadísimos para mostrar os seus traballos impecables no escenario do programa, que contará, ademais, con varias actuacións da orquestra Panorama, que compartirá os seus ritmos trepidantes.

Fuente Crtvg.es