‘Bamboleo’ ofrece este sábado as actuacións da cantante Natalia e do gaiteiro Budiño

0
9

Santiago, 01.08.2020.-    O espazo de música e entretemento ‘Bamboleo’ convida esta noite a subir ao seu escenario a Natalia, a menor daquela dourada primeira xeración de ‘Operación Triunfo’. A cantante, compositora e presentadora de televisión presentaralles aos espectadores galegos temas do seu novo disco,  ‘Un poco de mí’, de estilo pop e tropical house.

O programa da TVG presentado por Xosé Manuel Piñeiro tamén recibirá a visita da orquestra Garibaldi e de Budiño, un dos gaiteiros galegos máis internacionais. Despois de seis anos de silencio, publicou ‘Fulgor’, un álbum con 100 cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo, que constrúe un universo ultramoderno cun pé na raíz e outro no abismo.

No escenario tamén estarán Tamara Piñeiro, interpretando ‘Fever’, en versión de Peggy Lee, e Cristian Santana, co tema ‘No me doy por vencido’, de Luis Fonsi, para competir ambos os dous na sección ‘Agora ou Nunca’.

Coma sempre, ‘Bamboleo’ ofrecerá tamén as seccións ‘A ITV do amor’, onde un concursante terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; ‘A Jrileira’, onde Alberto e Jose se enfrontarán ao karaoke cantando ‘Aquí no hay playa’, de The Refrescos, e ‘Dirtidansi’, en que Dani e Alba bailarán jive e tango.

Fuente Crtvg.es