‘Bamboleo’ recibe esta semana a visita de Conchita, Fredi Leis e a orquestra Arkadia

0
8

Santiago, 13.06.2020.-    Xosé Manuel Piñeiro volve proponer este sábado á noite un programa adaptado a todos os gustos e públicos, en que o espectáculo e o entretemento serán os ingredientes principais. Nesta edición, ‘Bamboleo’ (22.00 h) recibirá a visita da cantante e compositora Conchita, que se deu a coñecer en 2007 cun álbum cheo de sensibilidade e sentimento e que está a preparar o seu novo disco, do que esta noite interpretará como adianto a canción ‘Que merezca la pena’.

O espazo tamén contará coa presenza no escenario da orquestra Arkadia e de Fredi Leis, unha das novas promesas da canción de autor renovada. O artista compostelán, que foi o abreconcertos de artistas como Alejandro Sanz, Malú e Rozalén, interpretará os temas ‘Portobello’ e ‘Échame de menos’

Por outro lado, nas seccións habituais do programa, ‘Agora ou Nunca’ amosará o potencial artístico de Patricia Brea, co tema ‘La revancha’, de Hugo Almanza, e de Julio Ferrín, que interpretará ‘Pasodobre galego’, de Sito Mariño.

Ademais, na ‘ITV do amor’, o público terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; Nerea e José María competirán cantando con karaoke en ‘A Jrileira’, onde interpretarán ‘La venda’, de Miki Núñez, e Sergio e Rita bailarán jive e tango na sección ‘Dirtidansi’.

Fuente Crtvg.es