‘Bamboleo’ recibe este sábado a visita de dous artistas que non paran de recoller éxitos coa súa música: Jadel e Rasel

0
28

Santiago, 18.11.2023.-    ‘Bamboleo’, o programa que conducen Xosé Manuel Piñeiro e Lucía Regueiro os sábados pola noite na TVG (22:50 h), recibe hoxe a visita de dous artistas que se deron a coñecer nun programa de talentos de televisión e non paran de recoller éxitos coa súa música: Jadel e Rasel. Os dous artistas colaboraron xuntos no tema ‘Viven’, unha canción con ritmos dos anos 80 que hoxe interpretarán sobre o escenario do ‘Bamboleo’. Jadel e Rasel tamén compartirán temas das súas carreiras en solitario e participarán dos xogos que cada semana preparan os colaboradores do programa para os convidados.

O espazo de entretemento contará coas actuacións da orquestra Marbella, que fai  25 anos sobre os escenarios. A pista de baile do programa acollerá as exhibicións de Alan e Jessica, creadores do estilo bachata power, e Isi regresará cos seus divertidos sucedidos.

Catro equipos xogarán esta noite en ‘A Jrileira’. Serán a Asociación de Veciños de San Vicente de Lagoa, en Alfoz; a Asociación Cultural A Branca, de Pazos de Borbén; a Asociación de Veciños e Mulleres Rurais de Santiago de Parpavedra, na Bola, e a Comisión de Festas de San Mamede de Ferreiros, no Pino. A ‘Repesca’ daralle outra oportunidade a unhas das comisións eliminadas, que se enfrontará á parella de namorados de ‘A ITV do Amor’, a proba máis picante do ‘Bamboleo’.

Fuente Crtvg.es