‘Bamboleo’ regresa á noite do sábado da Televisión de Galicia coa visita da cantante Melody

0
38

Santiago, 14.10.2023.-    ‘Bamboleo’, o espazo de ocio e entretemento presentado por Xosé Manuel Regueiro e Lucía Regueiro, regresa á noite do sábado da Televisión de Galicia coa visita dunha artista que se deu a coñecer hai máis de 20 anos co tema ‘El baile del gorila’ e que atesoura unha carreira musical de éxito: Melody. A música da orquestra Principal e Festicultores Troupe completarán esta noite de festa no ‘Bamboleo’.

Melody presentará o seu novo tema, ‘Mujer loba’, que fala do respecto á diversidade. Tamén participará nos xogos e divertimentos que Claudio Pan prepara cada semana para os convidados.

Festicultores Troupe animarán a noite con unha das súas últimas creacións musicais, titulada ‘Polbo á feira’. O tempo de baile estará protagonizado polas exhibicións dos bailaríns portugueses Diogo e Sara, e Isi compartirá outro dos seus divertidos contos.

A Jrileira’ convida a xogar as Comisións de Festas de Lariño, en Carnota; San Cristovo de Corzón, en Mazaricos; San Martiño de Andeiro, en Cambre, e a Feira da Xuventude, na Estrada. E hai novidade nesta sección, que estrea ‘A Repesca’: outra oportunidade de conseguir premio para as comisións perdedoras.

A ‘ITV do Amor’ chegará na parte final do programa. Nela, unha parella de namorados e dous colegas intentarán despistar o gañador de ‘A Repesca’. Ao tempo, chegarán as intervencións máis picantes e descaradas dos ‘asesores do amor’: Isi, Damián Cortés, Javi Varela e Claudio Pan.

Fuente Crtvg.es