Benedicta Sánchez e Tamara GR participan hoxe no ‘Land Rober Tunai Show’ nun cara a cara entre influencers de distintas xeracións

0
68

Ao show sumarase o actor portugués Pedro Barroso, que acaba de ser nomeado unha das persoas máis influentes no país luso

Benedicta Sánchez e Tamara GR participan hoxe no 'Land Rober Tunai Show' nun cara a cara entre influencers de distintas xeracións

Santiago, 18.05.2023.-    Este xoves veñen pintar a mona ao ‘Land Rober Tunai Show’ dúas influencers galegas de moi diferente signo: Benedicta Sánchez e Tamara GR. As dúas serán as protagonistas dun cara a cara entre distintas xeracións.
 
Ao show sumarase o actor portugués Pedro Barroso, que acaba de ser nomeado unha das persoas máis influentes no país luso, segundo Forbes. Os espectadores verano  en acción e contará tamén a súa experiencia facendo o Camiño de Santiago.

Ademais, o programa volverá hoxe a Traspazos porque a alcaldesa convocou os veciños para anunciar a nova fichaxe para o equipo de fútbol. Todo isto e moito máis, este xoves a partir das 21.55 h na Televisión de Galicia, co humor de Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo.

Fuente Crtvg.es