‘Cantas ou non?’ chega este luns co seu escenario itinerante ao peirao de Ribeira

0
10

Os concursantes seleccionados demostrarán ser uns auténticos profesionais do karaoke para levar o premio do concurso, acompañados polos presentadores Fran Cañotas e Noelia Rey

'Cantas ou non?' chega este luns co seu escenario itinerante ao peirao de Ribeira

Santiago, 27.07.2020.-    Despois de estrear en Sada o seu percorrido por Galicia, ‘Cantas ou non?’, o concurso baseado no karaoke que emite a Televisión de Galicia de luns a venres a partir das 19.20 h, chega esta semana a Ribeira, onde os concursantes seleccionados demostrarán ser uns auténticos profesionais do karaoke para levar o premio do concurso, acompañados polos presentadores Fran Cañotas e Noelia Rey.

De luns a xoves, seis cantareiras e cantareiros terán que convencer o xurado do programa e o público asistente de que a súa interpretación é a mellor. Os dous mellores de cada día enfrontaranse o vindeiro venres na gran final, onde só pode vencer un dos oito finalistas.

Durante as primeiras semanas de agosto, o programa visitará Cambados, Fisterra e Ribadavia, polo que anima todas as personas interesadas en pasar un bo anaco a probar sorte no cásting de ‘Cantas ou non?’.

Fuente Crtvg.es