‘Casamos!’ asistirá á voda na praia de Sonia e Paulo, que lle pon o ramo ao seu amor de verán

0
21

Coñecéronse entre bares de praia e xeados e a distancia non foi impedimento para que os seus sentimentos seguisen medrando, ata consolidar unha relación que dura xa sete anos (22.25 h)

'Casamos!' asistirá á voda na praia de Sonia e Paulo, que lle pon o ramo ao seu amor de verán

Santiago, 30.03.2021.-    Os amores de verán poden converterse nunha fermosa historia de amor. Que llo pregunten a Sonia e a Paulo, os protagonistas desta semana do programa ‘Casamos!’, dous mozos que se coñeceron en Sanxenxo, entre praias, bares e xeados.

O remate do verán supuxo para eles a separación, pois Sonia vivía na Estrada e Paulo en Cambados. Esta distancia non foi impedimento para que os seus sentimentos seguisen medrando e xuntos loitaron polo seu amor ata consolidar unha relación que dura xa case sete anos.

Agora deciden casar nunha voda un tanto diferente, da que serán testemuñas os espectadores da TVG. A cerimonia será cos seus achegados e na praia, o lugar onde comezou a súa historia de amor.

Fuente Crtvg.es