Celta-Eibar, Lugo-Tenerife e Deportivo-Compostela, esta fin de semana no ‘Galicia en Goles’ da Radio Galega

0
9

Santiago, 21.01.2021.-    A fin de semana deportiva na Radio Galega comeza o venres ás 19.25 h, na web da Radio Galega, coa retransmisión da final da Copa Princesa de baloncesto desde o Pazo dos Deportes Lugo, entre o Breogán e o Alicante. A partir 20.30 h, a emisión será simultánea pola FM e TDT, dentro do ‘Galicia en Goles’.

O sábado, desde as 15.00 h, o interese da xornada pasará polo Lugo-Tenerife, de Segunda División A, xunto ao derbi da Segunda B entre o Rácing de Ferrol e o Celta B, ademais do Bergantiños-Arzúa, de Terceira. As competicións de hockey a patíns masculino e balonmán feminino serán outros argumentos informativos da xornada.

O sábado é ademais o día doutros espazos deportivos na programación da Radio Galega. Ás 13.00 h, Alfonso Pardo visita Sarria co ‘Convivir Deportivo‘ para destacar o traballo do club de baloncesto. Ás 23.00 h, Rodrigo Pérez actualiza a información do motor no ‘Gas a Fondo’. E ás 23.30 h, Toni López convida a nadadora María de Valdés, do Liceo da Coruña, no espazo olímpico ‘Galicia en Toquio’.

Xa o domingo, ás 12.00 h, a edición matinal do ‘Galicia en Goles’ contará o Coruxo-Salamanca, desde o Vao, xunto aos encontros de Terceira Fabril-Silva, Viveiro-Polvorín e Bouzas-Estradense. A partir das 15.00 h, toda a atención estará posta no Celta-Eibar, de Primeira, e no Unionistas-Pontevedra e Deportivo-Compostela, de Segunda B. A Terceira completará a oferta de retransmisións da tarde. Desde 21.00 h, adestradores e xornalistas debaterán no faladoiro sobre os resultados dos equipos galegos, emisión que se poderá ver a través do Mira RG, na web da CRTVG. A mesa de debate continuará ás 23.00 h, con outros especialistas, no programa ‘Ao Contraataque’.

Fuente Crtvg.es