Chega hoxe á G2 o documental de Marcos Nine ‘A virxe roxa’, a historia real dunha nai que matou a súa filla prodixio

0
33

Participado pola TVG, este novo traballo do cineasta da Arousa retrata a complexa figura de Aurora Rodríguez e a súa filla Hildegart, explorando conceptos como a maternidade, a creación, a sexualidade ou a loita dos traballadores

Chega hoxe á G2 o documental de Marcos Nine 'A virxe roxa', a historia real dunha nai que matou a súa filla prodixio

Santiago, 08.02.2022.- A segunda canle da Galega estrea este martes a longametraxe documental ‘A virxe roxa’ (23:25 h), nova produción participada pola TVG, coa que Marcos Nine recupera a historia real de Aurora Rodríguez e a súa filla Hildegart, a historia dunha nai que matou a súa filla prodixio de 18 anos de varios disparos mentres durmía.

Aurora Rodríguez elabora un plan perfectamente estudado: dar a luz a muller que guiará España por unha nova orde social, educar unha filla para que sexa o ser perfecto, unha ‘obra’ meticulosamente calculada.

Con só 18 anos, Hildegart Rodríguez Carballeira é unha das intelectuais máis destacadas da Segunda República e unha experta en sexoloxía. O 9 de xuño de 1993, Aurora mátaa a tiros mentres dorme, un crime que convulsionou a opinión pública española. O motivo: a filla decidira desviarse do camiño marcado pola súa nai.

Fuente Crtvg.es