Comeza na TVG unha nova temporada de ‘Cos Pés na Terra’, que hoxe acompañará un veterinario rural

0
33

Santiago, 07.11.2022.-    A partir deste luns, a Televisión de Galicia ofrecerá novas entregas do programa ‘Cos Pés na Terra’, que amosa as pequenas e grandes historias de homes e mulleres que apostan por construír a súa vida no campo e como saen adiante cada día, con esforzo e esperanza.

O espazo da TVG sairá hoxe de ruta para acompañar a Lois, veterinario sempre atento ás urxencias que chaman por el. Nesta xornada, atenderá leitóns, unha vaca con problemas respiratorios e outra á que lle fixeron hai nada unha cesárea.

Para os espectadores que queiran uns consellos de horta, ‘Cos Pés na Terra’ ten os mellores, os de Elia, unha rapaza que acaba de emprender o seu propio proxecto asesorando todos aqueles que queren comer o froito do seu propio esforzo.

O equipo do programa tamén coñecerá a Aroa, unha pintora que capta todo e canto a rodea na aldea. E se en Madrid teñen o Museo do Prado, a ela ben lle vale unha marquesiña de bus pra expoñer a súa arte.

Fuente Crtvg.es