Para comprobalo, o espazo da TVG estará en Milán, na Ribeira Sacra e na localidade lucense de Taboada
Santiago, 21.12.2022.- O programa ‘Corremundos’ viaxa hoxe a Milán, a capital de Lombardía, unha mestura fantástica de tradición, modernidade e economía. Alí coñecerá como traballa un mestre xeadeiro, tanto na súa escola como nos seus establecementos. E tamén verá como un gandeiro de Taboada, en Lugo, emprega o leite da súa granxa para facer xeados galegos artesáns.
De volta en Milán, o espazo da TVG investigará como funciona o sector turístico italiano coa axuda dunha guía profesional. Con ela intentará descubrir os principais recunchos da cidade nunha soa xornada. Unha misión case tan imposible como percorrer a Ribeira Sacra nun día. Pero aínda así, ‘Corremundos’ intentará facelo, por terra e auga, grazas a unha guía turística do país.
Fuente Crtvg.es