Con espectaculares imaxes, ‘Desmontando Galicia’ reconstrúe o pasado e amosa os segredos das illas Cíes

0
21

Grazas á tecnoloxía 3D, o programa achegarase á historia destas tres pequenas illas, que, cunha situación estratéxica, foron habitadas por piratas e navegantes

Con espectaculares imaxes, 'Desmontando Galicia' reconstrúe o pasado e amosa os segredos das illas Cíes

Santiago, 19.09.2021.- Isabel Blanco e Diana Nogueira desembarcan esta noite nas illas Cíes para descubrir todos os seus segredos, a través da xeografía e da historia dunha das nosas paraxes galegas máis fermosas. Cal é a súa orixe? Como foron os seus primeiros visitantes? Por que foi lugar escollido por piratas e navegantes para descansar? Que fixeron para defendelas? Construcións, vitorias, derrotas, tesouros e barcos afundidos terán cabida hoxe neste ‘Desmontando Galicia’ (23.10 h), dedicado ás illas que arroupan a ría de Vigo.

Os espectadores da Galega gozarán nesta entrega de imaxes espectaculares para amosar esta terra como nunca antes se vira. As presentadoras estarán apoiadas pola voz de Quique Morales, quen, no seu papel do Sabichón, fará un percorrido histórico e cultural polas illas Cíes, grazas á tecnoloxía 3D. A través das reconstrucións e integracións dixitais, ‘Desmontando Galicia’ botará unha ollada ao pasado, desde o presente e coa axuda de expertos, para poder coñecer a nosa historia.

Fuente Crtvg.es