‘Cos pés na terra’ coñece as oliveiras do Val de Quiroga e estará cun gandeiro especializado na cría de vacas

0
13

O programa tamén coñecerá a plantación de té do Pazo Quinteiro da Cruz

‘Cos pés na terra’ coñece as oliveiras do Val de Quiroga e estará cun gandeiro especializado na cría de vacas

Santiago, 18.4.2022.-  O programa ‘Cos pés na terra’ (23.15 h) irá hoxe ata o Val de Quiroga. Alí agardan as oliveiras que traballan Julio e Suso, dous rapaces capaces de extraer das olivas auténtico ouro líquido en forma de aceite.

O espazo da TVG tamén ten unha cita con David, gandeiro que decidiu recoller os saberes da casa para especializarse na cría de vacas. E todo para poder levar ao mercado un produto ben exclusivo.

Finalmente, ‘Cos pés na terra’ visitará o Pazo Quinteiro da Cruz, onde coñecerá a Beatriz e a súa plantación de té. Con ela, os espectadores aprenderán os segredos da súa recolleita e mesmo a saber tomalo como é debido.

Fuente Crtvg.es