‘Cos pés na terra’ coñecerá esta noite o traballo dun criador de aves rapaces e doutro de vacas vianesas

0
6

O programa tamén ten unha cita que transformou o seu ordenador e a súa cámara en apeiros de labranza do século XXI para gañar a vida nas redes

'Cos pés na terra' coñecerá esta noite o traballo dun criador de aves rapaces e doutro de vacas vianesas

Santiago, 01.02.2021.-   Os espectadores de ‘Cos Pés na Terra’ (22.25 h.) van coñecer este luns a Aarón, un criador de aves rapaces que vai amosar moitas especies, todas elas autenticamente espectaculares.

O programa da Televisión de Galicia tamén ten hoxe unha cita con César, un rapaz que transformou o seu ordenador e a súa cámara en apeiros de labranza do século XXI, cos que gañar a vida nas redes.

Outros dos protagonistas desta noite será Xosé Luís, un criador de vacas vianesas, raza autóctona galega en perigo de extinción pola que este amigo sente verdadeira devoción.

Fuente Crtvg.es