‘Cos Pés na Terra’ estará cunha rapaza afeita a traballar con maquinaria pesada e cun criador de porco celta

0
8

Ademais, os espectadores coñecerán un cultivo novo en Galicia: o lúpulo (22.35 h)

'Cos Pés na Terra' estará cunha rapaza afeita a traballar con maquinaria pesada e cun criador de porco celta

Santiago, 22.06.2020.-    Os espectadores de ‘Cos Pés Na Terra’ van coñecer hoxe un cultivo novidoso en Galicia: o lúpulo, unha marabilla natural que Elena e Carlos cultivan para fabricar a súa propia cervexa artesá e ecolóxica.

O espazo da TVG ten tamén unha cita tamén con Laura, unha rapaza afeita a traballar con maquinaria pesada no monte e tamén con máquinas máis lixeiras coma as de fotos para encher Internet co seu día a día.

Outro dos protagonistas do programa deste luns será Fernando, un criador de porco celta que ten tan boa man coidando dos seus animaliños como poñéndolles nome.

Fuente Crtvg.es