‘Cos Pés na Terra’ irá hoxe polo mar con Miguel e botarase ao monte coas cabras de Sheila

0
4

Da man do organizador de ‘Son d’Aldea’, o programa (22.25 h) vivirá unha xornada en que a vida se transforma en puro teatro

'Cos Pés na Terra' irá hoxe polo mar con Miguel e botarase ao monte coas cabras de Sheila

Santiago, 18.05.2020.-   A TVG ofrecerá este luns unha nova edición de ‘Cos Pés na Terra’, programa que lles achega aos espectadores as pequenas e grandes historias de homes e mulleres que apostan por construír a súa vida no campo e lles amosa como saen adiante cada día, con esforzo e esperanza.

O equipo do programa andará hoxe pola auga grazas a Miguel, un rapaz que é quen tanto de cultivar o mar coma de encher a súa horta de productos ben curiosos. Para os que queira ir de festa, ‘Cos Pés na Terra’ ten entradas para a mellor, xa que visitará o ‘Son d’Aldea’ da man do seu organizador, Xosé Luís, e todo para vivir unha xornada en que a vida se transforma en puro teatro.

Por último, no programa desta noite toca tamén botarse ao monte coas cabras de Sheila, unha gandeira nova a quen tanto lle queren os seus animais que non lle saen de enriba.

Fuente Crtvg.es