‘Cos Pés na Terra’ ten este luns unha cita cunha poeta que atopa a súa inspiración nos Ancares

0
22

O programa (23.15 h) tamén estará con dous produtores de shiitake, un cogomelo chegado do afastado Oriente, e cun gandeiro amante das razas autóctonas galegas

'Cos Pés na Terra' ten este luns unha cita cunha poeta que atopa a súa inspiración nos Ancares

Santiago, 12.12.2022.-    O programa ‘Cos Pés na Terra’ ten hoxe unha cita con Andrea no seu recuncho do mundo, Os Ancares. Alí é onde ela atopa a inspiración en cada pequeno detalle que a rodea para escribir a súa poesía.

Os espectadores da TVG coñecerán tamén a Suso e Pedro, dous produtores de shiitake, un cogomelo chegado do afastado Oriente para facer as delicias de todos aqueles que queiran innovar na cociña.

Ademais, ‘Cos Pés na Terra’ visitará a Gonzalo, un gandeiro amante das razas autóctonas galegas que ten conta de pitas de Mos, vacas cachenas, ovellas galegas e uns porcos celtas aos que as patacas non lles poden gustar máis.

Fuente Crtvg.es