‘Cos Pés na Terra’ visita este domingo un artesán que rescata as míticas corozas, o chuvasqueiro por excelencia en Galicia

0
35

O programa (23.10 h) tamén unha cita cun mestre de horta dun método coñecido como  ‘biointensivo’ e uns irmáns que coidan dunhas vacas pouco vistas por estas terras

'Cos Pés na Terra' visita este domingo un artesán que rescata as míticas corozas, o chuvasqueiro por excelencia en Galicia

Santiago, 28.11.2021.-   ‘Cos Pés Na Terra’ fuxirá esta noite da chuvia e para iso contará con Álvaro, artesán rescatador das míticas corozas, o chuvasqueiro por excelencia en Galicia hai unhas cantas décadas.

O espazo da TVG tamén ten hoxe unha cita con Guillermo, mestre de horta dun método coñecido como ‘biointensivo’. Con el, o equipo do programa e os espectadores descubrirán como aproveitar ao máximo os espazos, ao tempo que buscan aliados ben pequechos polas leiras.

Ademais, ‘Cos Pés na Terra’ coñecerá a Lidia e Pablo, dous irmáns sobradamente preparados que teñen conta dunhas vacas pouco vistas nas nosas terras: as vacas ‘Limusine’. E, entre elas, un boi do máis ‘afrancesado’.

Fuente Crtvg.es