‘Cousas da casa’ porá orde no dormitorio dun gandeiro do Irixio e no baixo dunha mestra de encaixe de Camariñas

0
0

Santiago, 25.05.2021.– Unha semana máis, a experta organizadora profesional Vanesa Travieso entrará co programa da TVG ‘Cousas da Casa’ (22.25 h) en fogares de toda Galicia para poñer patas arriba as súas vidas e as súas casas, poñendo orde no caos. Esta vez o seu percorrido achegará os espectadores ao Irixo, Camariñas e Pontevedra.

O primeiro caso do programa de hoxe transcorrerá na localidade ourensá do Irixo, na casa labrega de Juan Villanueva, un gandeiro moderno afeccionado á actuación que non dedica nin un minuto ao seu dormitorio. Vanesa dará un xiro radical ao cuarto de Juan e incidirá na importancia de manter unha rutina diaria de organización e limpeza.

En Camariñas, o caso será moi diferente. Alí a coach coñecerá a Beatriz Dios, unha mestra que leva 20 anos na ensinanza do encaixe de Camariñas. A súa casa está perfecta, pero no baixo onde da clases ten case un museo da súa historia familiar.

A derradeira parada do percorrido desta semana de ‘Cousas da Casa’ achegará os espectadores ata Pontevedra, onde agardan os González, unha familia numerosa con tres fillos pequenos que gozan de liberdade no seu cuarto de xogos. Será quen a nosa organizadora profesional de poñer orde no caos?

Vanesa Travieso pensa, ao igual que a súa arquicoñecida mestra Marie Kondo, que o estado do noso fogar é un reflexo directo do noso estado emocional e estilo de vida. Por iso, manter o lugar onde vivimos ordenado e en condicións óptimas, pode ser o mellor punto de partida para un cambio máis profundo no persoal.

Fuente Crtvg.es